O almorzo é unha das principais comidas do día e é determinante nos hábitos alimentarios na idade infantil.
Recomendacións para que o neno almorce correctamente:
- Déitao cedo para que durma as horas que necesita.
- Levántao con tempo para gozar desta comida. Que tome o seu tempo, polo menos 15 minutos.
- O almorzo sentado, á mesa, en familia e sen TV nin consola.
- Debe tomar todos os días polo menos un alimento de cada un dos seguintes grupos:
Lácteos
1 vaso de leite ou un anaco de queixo ou un iogur.
- Se elixes queixo, procura que sexa fresco ou baixo en graxa.
- Pode tomar leite quente no inverno e un bo vaso de leite frío no verán. Podes poñerlle cacao ou cereais, pero que non tome bebidas excitantes como o café.
- Recoméndase leite enteiro, aínda que o pediatra pode recomendar outro tipo de leite segundo o caso.
Cereais
Tes moitos alimentos para elixir, pero ímosche dar algúns consellos:
- Intenta que tome pan de panadaría, a ser posible integral. O pan do día anterior está moi bo se o quentas. O pan de molde adoita conter máis graxa, por iso evita que o tome todos os días.
- Elixe de acordo coa etiqueta nutricional, os cereais de almorzo máis baixos en sal, azucres e graxas.
- Algúns alimentos envasados como os bolos e a pastelería industrial debe consumilos con moderación. Elixe os baixos en azucre, graxas e sal.
Froitas
- Debe tomar unha peza enteira de froita fresca, para aproveitar mellor as súas calidades e a súa fibra.
- Recorda que a froita de temporada está moito máis rica.
- O zume de laranxa, debe ser unha opción máis pero non a única da oferta de froita no almorzo.
Incorpora novos alimentos e novas receitas.
Outros alimentos tamén poden formar parte do almorzo como:
- Froitos secos (non antes dos 5 anos, polo perigo de esganarse) como as noces, figos...
- Mel.
- Algúns alimentos proteicos como o xamón ou o friame de pavo.
- Pan con aceite de oliva e tomate, queixo fresco e zume de vexetais.
Almorzos para cando vas mal de tempo.
Algúns nenos sáltanse o almorzo porque se deitan tarde, érguense tarde e teñen pouco tempo. Se tes pouco tempo, o seu almorzo non será o mais adecuado. Pero algúns consellos poden axudarche:
- Deixa preparado o que vai tomar. A mesa posta do día anterior axudarache a aforrar tempo.
- Dálle un vaso de leite e que leve para o camiño unha froita e cereais que sexan fáciles de tomar.
- Proba queixo con froitos secos ou iogur con anacos de froita fresca, noces e pan.
Recorda que podes prepararlle o almorzo o día anterior, por exemplo, arroz con leite ou unhas cremas.
¿Por que se aconsella tomar algo a media mañá?
É aconsellable que coma regularmente e non pase moitas horas entre comidas.
Pode tomar algo lixeiro, como unha peza de froita fresca un iogur ou un lácteo líquido; un bocadillo pequeno e para beber, auga.