Presentámosche as 10 normas básicas para manterte hidratado de forma saudable. A maiores mostrámosche graficamente a pirámide da hidratación saudable da SENC.
A auga é un recurso natural indispensable para a vida e esencial na nosa alimentación cotiá.
A auga non é soamente un elemento hidratante; ten tamén unha dimensión terapéutica, lúdica, estética, cultural e gastronómica. Como consecuencia de todo iso, a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) promove a Guía para unha Hidratación Saudable.
Decálogo da hidratación saudable
- Inxerir líquidos en cada comida e entre as mesmas.
- Elixir a auga preferentemente ao resto de bebidas, e a ser posible auga cun axeitado contido en sales minerais.
- Aumentar o consumo de froitas, verduras e ensaladas.
- Non esperar a ter sensación de sede para beber. Dispoñer de auga ou outro líquido a man.
- Manter as bebidas a temperatura moderada, pois se están moi frías ou moi quentes adóitase beber menos.
- Nenos e anciáns son colectivos que presentan maior risco de deshidratación.
- Elixir as bebidas de acordo co nivel de actividade física, necesidades de saúde e estilo de vida.
- Aumentar a inxestión de líquidos en ambientes calorosos e antes, durante e despois do exercicio.
- Se estás a vixiar a inxestión calorífica ou o peso consume sempre auga e bebidas baixas en calorías.
- Dez racións de líquidos ao día é unha boa referencia para unha correcta hidratación.
Publicacións relacionadas que poden interesarte: