Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Alimentos vexetais II

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Saibamos un pouco máis sobre as froitas como os seus efectos beneficiosos para a nosa saúde.
Sal
Alimentos vexetais II
  • Un consumo suficiente de froitas e verduras podería salvar ata 1,7 millóns de vidas cada ano.
  • As vitaminas, os minerais e os compostos químicos que teñen a froita e as hortalizas son esenciais para a saúde humana.
  • A inxestión de, polo menos, 400 gr de froitas e verduras ao día, compoñentes fundamentais da nosa dieta mediterránea, reduce o risco de ictus a calquera idade.
  • Recoméndase tomar polo menos tres porcións de froita ao día (1 porción =1 mazá, pera... 1 cunca de amorodos, 2 toros de melón).

A inxestión insuficiente de froitas e verduras é un dos 10 factores principais de risco de mortalidade a escala mundial.

Calcúlase que a inxestión insuficiente de froitas e verduras causa en todo o mundo aproximadamente un 19% dos cancros gastrointestinais, un 31% das cardiopatías isquémicas e un 11% dos accidentes vasculares cerebrais.

Conoce algo máis sobre as froitas

A cor da froita reflicte a presenza de determinados compoñentes bioactivos con diversos efectos beneficiosos para a nosa saúde. Procura de comer todos os días froitas de cada un dos seguintes grupos de cores:

Grupos de colores

A vitamina C é un potente antioxidante e considérase esencial porque o noso corpo non a pode fabricar. O ácido ascórbico é unha das 2 formas de vitamina C que aparece nos alimentos de forma natural. A vitamina C implicouse na prevención de enfermidades como o cancro, a aterosclerosis ou o arrefriado común, aínda que non hai resultados concluíntes. O kiwi é a froita, dentro das de consumo habitual en España, que máis vitamina "C" achega. Tamén son ricos nesta vitamina os amorodos, as laranxas ou o melón. Non esquezas consumir as froitas e os zumes xusto despois de preparalos porque moitas das vitaminas que conteñen como a C poden ser sensibles á luz, a oxidación ou a temperatura.

frutas

Os froitos secos pódense considerar aliados contra o colesterol e un puñado diario destes alimentos pode contribuír a "manter a raia ao c-LDL ou colesterol malo". Ademais, son ricos en proteínas, fibra, vitaminas, minerais e compostos como fitoesteroles e antioxidantes.

Para os galegos a mazá, os cítricos, o plátano e a pera son as nosas froitas preferidas e dentro das verduras os grelos, as nabizas, as cebolas, e os pementos. A inxestión de froitas diaria en Galicia é superior á media española pero aínda así é inferior ao recomendado.

As vitaminas, os minerais e os compostos químicos que teñen a froita e as hortalizas son esenciais para a saúde humana. Por exemplo:

  • Vitamina A mantén a saúde da vista e fortalece o sistema inmunolóxico.
  • Potasio promove o funcionamento do sistema nervioso e dos músculos.
  • Vitaminas do grupo B axudan a converter os alimentos en enerxía.
  • Ácido fólico reduce o risco dalgúns defectos conxénitos e contribúe a previr cardiopatías.
  • Vitamina C incrementa a absorción de calcio e ferro doutros alimentos.
  • Vitamina E é un potente antioxidante que protexe as células dos axentes canceríxeno.
  • Fibra alimentaria contribúe ao tránsito a través do aparato dixestivo e a reducir os niveis de colesterol no sangue.
  • Fitoquímicos como os compostos que dan aos tomates e as cenorias os seus vivos cores, teñen efectos antioxidantes e antiinflamatorios

Fonte: FAO/WHO Workshop on Fruit and Vegetables for Healths

Outras publicacións relacionadas do teu interese:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.