Xente con vida

Blog Xente con Vida

Nenos e mozos 19/03/2012

Seis merendas saudables

Vota:
Resultado:
(19 votos)
Compartir:
A merenda dos nenos ás veces formúlanos problemas de tempo, de falta de variedade... Propoñémosche 6 merendas saudables que á súa vez deixarán encantados aos máis pequenos da casa.
Sal
Seis merendas saudables
  • Das 6 merendas que propoñemos, seguro que a máis esperada para os máis pequenos é a do batido de leite con amorodos e filloas.

A merenda dos nenos moitas veces formúlanos problemas; gustaralle? sentaralle ben?... Propoñémosvos seis merendas saudables que seguro farán a delicia dos nenos:

seis_meriendas_gl.png

Que merendas ides probar? Gustaríanos que nos comentásedes que tal vos funcionaron.

Quedamos á espera...

Comentarios (12 respostas)
  • Xente con Vida o 21/11/2012 ás 16:32

    Ola, Esther. Moitas grazas por deixarnos a túa consulta. Entendemos a túa preocupación, sobre todo se o teu fillo presenta obesidade infantil. As idades infantil e moza son as máis axeitadas para fomentar actitudes saudables porque é cando adquiren e consolidan os hábitos alimentarios que permanecerán ata a vida adulta.

    A inxesta de froita é un dos compoñentes dun patrón alimentario saudable, pero non o único. Contan tamén o almorzo completo (que nunca vaia á escola sen almorzar), 5 comidas ao longo do día e o consumo de variedade de alimentos vexetais. Todo elo, xunto co descanso nocturno e unha práctica habitual de actividade física, son factores para previr a obesidade infantil. 

    Tamén é importante ter en conta que as bebidas con azucre, carbonatadas ou brandas, a publicidade infantil de determinados alimentos e os snacks son factores que promoven a obesidade infantil, polo que debemos limitar o seu consumo. Os nenos herdan da súa familia o compoñente xenético, pero tamén o seu estilo de vida, o patrón alimentario e os comportamentos sedentarios

    Como facer para que non rexeite os alimentos? Aconsellámosche que busques preparacións atractivas e coloristas, que varíes a presentación dos alimentos e os tipos de froita e que trates de ofrecerllos neses momentos do día que el acepte mellor. Así ata que se acostume ao seu sabor e textura. Como ben sabes, ensinar a comer non é unha tarefa doada e precisa de aprendizaxe e de paciencia. As experiencias temperás e as exposicións aos alimentos son os principais determinantes dos patróns de aceptación dos mesmos polos nenos. 

    Segue os consellos do teu pediatra e pregúntalle todas as túas dúbidas sobre a obesidade infantil. Correxilo agora será beneficioso para el a curto, medio e longo prazo. Recomendámosche o artigo Obesidade infantil​ que publicamos neste blog. Un saúdo.

  • Esther o 18/11/2012 ás 23:36

    Ola! Teño un neno de 5 anos e 9 meses e dende fai ano e medio non me quere comer fruta. Algunha vez come mazá pero a regañadentes, incluso cheguei a ofrecerlle que si comía a mazá á hora da merenda compráballe uns cromos para un albúm de animales, e sí me funcionou, pero consigo que a coma unha ou dúas veces por semá. Pero intento que coma outra fruta e non hai maneira, algunha coma o plátano dalle nauseas. O peor de todo e que o médico determina que está obeso e eu querolle por remedio a esto. Para mín que coma fruta é importante porque tería merendas e incluso cenas máis saudables. Non sei que facer ou como facelo. A ver si me podedes botar unha mán. GRAZAS

  • Xente con Vida o 15/11/2012 ás 17:01

    Ola, Beatriz. En contestación á súa atenta pregunta queremos comentarlle que é moi frecuente que os bebés, logo de cumprir o ano ou ano e medio, coman menos porque a velocidade de crecemento que tiñan ata os 12 meses comeza a diminuír, volvéndose máis estable. É por iso que o apetito tamén diminúe. 

    Á idade da súa filla, debe consumir os seguintes alimentos:
    • leite enteira e outros produtos lácteos, como o queixo fresco, queixo suave pasteurizado, iogur ou requeixo; 
    • cereais enriquecidos con ferro, pan e galletas de trigo integral;
    • froitas, preferente frescas e de tempada, así como froitos secos (aconséllase remollalos previamente para diminuír o perigo de atragoamento); 
    • verduras variadas trituradas, a modo de crema (cenoria, chícharos, cabaza ou cabaciña, acelga,…); 
    • proteínas: ovos, carne, polo ou peixe sen espiñas, torados ou triturados;
    • combinacións de comidas con pasta; 
    • zumes de froitas. 

    Ás veces os nenos non queren probar as comidas. Recomendamos que a introdución dos alimentos novos se faga de forma paulatina, incrementando progresivamente a súa cantidade. Deste xeito favorecemos que se vaian adaptando ás novas texturas e sabores. 

    Tamén é conveniente que os alimentos novos se introduzan un de cada vez, deixando pasar polo menos tres días entre un e outro, para asegurar que non aparecen alerxias a eles. 

    Se precisa información máis pormenorizada no referinte á alimentación da súa filla, non dubide en consultar co seu pediatra. Un saúdo.

Deixa un comentario