Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Consume peixe varias veces á semana

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Neste artigo propoñémosche algúns consellos referentes ao consumo de peixe e a súa preparación
Sal
Consume peixe varias veces á semana
  • O consumo de peixe pode axudarche a previr enfermidades do corazón e do sistema vascular.
  • O contido nutricional do peixe fresco é similar ao do conxelado.

Os nosos consellos:

  1. Consume 3-4 racións de peixe á semana.
  2. Toma polo menos 2 veces á semana peixe azul. É moi beneficioso para a súa saúde.
  3. Varía as especies de peixe branco (pescada, galo, pescada..) e azul ( cabala, sardiña, xurelo, bonito e atún, salmón...) con moluscos (mexillóns, ameixas...) que ademais son ricos en ferro.
  4. O consumo de peixe é especialmente importante nas mulleres embarazadas, e no período de crecemento para a función cerebral.
  5. Nos mercados de Galicia, podemos encontrar pescados moi frescos e a bo prezo. Cando compres peixe, a rixidez do corpo, a cor vermella intensa das branquias e os ollos brillantes e transparentes, son indicativos de calidade.
  6. pescado1 Prepárao ao forno, ao vapor ou á prancha, ademais de frito.
  7. Elimina as espiñas antes de ofrecérllelo ás persoas maiores ou aos nenos de curta idade.
  8. Prepara bocadillos e ceas lixeiras preferiblemente con peixes en conserva como atún ou sardiñiñas antes que con embutidos graxos. Elixe aquelas con menos sal.
Recorda que:
  • O consumo de peixe pode axudarche a previr enfermidades do corazón e do sistema vascular.
  • pescado O peixe constitúe unha importante fonte de proteínas de elevada calidade e vitamina D. Contén unha elevada proporción de ácidos graxos poliinsaturados omega-3, presentes de forma especial no peixe azul, que son esenciais, é dicir, que o noso corpo non os pode sintetizar e que inflúen de forma beneficiosa no noso sistema cardiovascular.
  • O contido en graxa é moi variable. O peixe plano (como o linguado e rodaballo) posúe pouca graxa en comparación con outras especies como a sardiña, a cabala ou o arenque.
  • O contido nutricional do peixe fresco é similar ao do conxelado.
  • Os mariscos son unha boa fonte de vitaminas do grupo B e minerais como iodo e Cinc.
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.