Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Toma polo menos 5 porcións de froitas e verduras ao día

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
As froitas, verduras e hortalizas son fonte de saúde. Neste artigo aconsellámosche con que frecuencia tomalas e como preparalas para que non perdan as súas propiedades.
Sal
Toma polo menos 5 porcións de froitas e verduras ao día
  • Consume polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día.
  • Consume legumes polo menos 1 ou 2 veces por semana.
  • Para cociñar verduras mellor ao vapor ou á prancha.

Toma máis alimentos de orixe vexetal (variados e de todas as cores) e menos de orixe animal. Prepara máis pratos combinando legumes (garavanzos, lentellas, fabas…) e hortalizas (cenorias, cebolas, tomates, pementos, allo, etc.) polo menos 2 veces á semana.

Consellos
  1. Consume polo menos 2 porcións de verduras e hortalizas ao día.
  2. Prepara polo menos unha das porcións en cru (ensalada) para un mellor aproveitamento das súas vitaminas e minerais. Para cociñar as verduras, usa preferiblemente preparacións como o vapor ou á prancha (mantéñense mellor os nutrientes).
  3. fruta É importante incluír vexetais de todo tipo e cor na comida diaria e semanal: verde (acelgas, brócoli, repolo, leituga), amarelo-laranxa (cenoria, cabaza), vermello (tomate, pemento), morado (remolacha, col, lombarda), branco (cebola, allo, pataca, coliflor). A cor dos vexetais está en relación con determinadas propiedades nutritivas.
  4. Proba, ademais dos vexetais de consumo tradicional na nosa comunidade como nabizas, grelos, repolo e coliflor, outras hortalizas de tempada.
  5. Utiliza o caldo de cocción dos vexetais para elaborar sopas. É moi rico en nutrientes.
  6. Ademais das patacas, incorpora verduras e hortalizas variadas como gornición dos seus pratos.
  7. Consume legumes polo menos 1-2 veces por semana.
  8. Toma polo menos 3 pezas de froita ao día, preferentemente enteira polo seu maior contido en fibra que os zumes. Unha delas debe ser rica en vitamina C (laranxas, limóns, mandarinas, kiwis ou amorodos).
  9. Prepara os zumes de froitas xusto antes de ser inxeridos, para preservar todas as súas vitaminas.
Recorda que
fruta2
  • As froitas, verduras e hortalizas son unha fonte fundamental de vitaminas, minerais, fibra e antioxidantes, e poden axudar a previr, entre outras, as enfermidades cardiovasculares e o cancro.
  • As verduras e hortalizas ademais, ao aportar poucas calorías, son útiles en dietas para manter ou reducir o peso.
  • Polo seu alto contido de auga, facilitan a eliminación de toxinas do noso organismo e axúdannos a manternos ben hidratados. Polo seu aporte de fibra, axudan a regular a función do noso intestino e a evitar ou corrixir o estrinximento.
Artigos do blog relacionados que poden interesarte:
Comentarios (1 respostas)
  • Mari Luz Queija Perez o 25/12/2012 ás 21:42

    Felicidades,pareceme moy interersante e penso que vai axudar a moita xente,gracias por esta paxina.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.