Xente con vida

Nenos e mozos 09/06/2014

Recomendacións de actividade física en nenos e mozos

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
Menos pantallas e máis xogos activos! Entre os 5 e os 17 anos o noso corpo necesita acumular un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física. Descobre que actividades son máis convenientes e con que frecuencia deben practicarse coas pirámides de actividade física para nenos e adolescentes.
actividade física en nenos e mozos  
  • Se os nenos e mozos non realizan actualmente ningunha actividade física, a súa práctica a un nivel inferior do recomendado é mellor que ningunha e reportaralles máis beneficios que non facer nada.
Canta actividade física deben realizar?

Os nenos e mozos de 5 a 17 anos deben acumular un mínimo de 60 minutos diarios en actividades físicas de intensidade moderada a vigorosa. Se a actividade física supera os 60 minutos recomendados reportará un beneficio aínda maior para a saúde.

A actividade física debería ser aeróbica na súa maioría. Como mínimo tres veces por semana convén incorporar actividades de fortalecemento muscular. Ademais han de realizar exercicios de flexibilidade entre 3 e 7 días por semana.

Como poden alcanzar estas recomendacións?

Para os nenos e mozos deste grupo de idade, a actividade física consiste en xogos, deportes, desprazamentos, actividades recreativas, educación física ou exercicios programados, no contexto da familia, a escola ou as actividades comunitarias. É dicir, contan como actividades físicas xogar no parque, practicar algún deporte de equipo, ir camiñando ao colexio e á casa, actividades deportivas extraescolares, etc.

As pirámides de actividade física inclúen as recomendacións por grupo de idade. Fai clic nas imaxes miniatura para abrilas.

Pirámide de actividade física para nenos e nenas

pirámide actividad física infantil 

Pirámide de actividade física para adolescentes

pirámide actividad física en adolescentes 

Son válidas estas recomendacións para todos os nenos e mozos?

Todo o que comentamos se pode aplicar a nenos e mozos sans, a menos que o seu estado médico indique o contrario, e é valedoiro tanto para rapaces como para rapazas.

No caso dos mozos inactivos, recoméndase comezar con pequenas doses de actividade para ir aumentando gradualmente a súa duración, frecuencia e intensidade. Debemos alentalos a participar en actividades físicas que os axuden ao seu desenvolvemento natural e sexan pracenteiras e seguras. A práctica de actividade física a un nivel inferior do recomendado é mellor que ningunha e reportaralles máis beneficios que non facer nada.

Sempre que sexa posible, os nenos e mozos con discapacidades deberían cumprir as recomendacións, consultando ao seu médico para coñecer ben os tipos e cantidade de actividade física que son apropiados para eles.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.